Danza e liberdade é o título da sesión de danza que terá lugar o mércores ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, en Mera, arredor da violencia de xénero, na que participarán alumnado de 4º a 6º cursos do grao profesional e profesorado do Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña.
O programa inclúe pezas relacionadas coa temática do 25N e está composto dos fragmentos Mozas de Versalles, Estudio Coreográfico I, Vivas, Habanera, Estatuas de Versalles, Variación de Javier e Desafío, de distintos autores e autoras. A duración do espectáculo conmemorativo é de media hora.