Xa se está a distribuir por todo o concello unha nova Arnela, o boletín informativo do BNG da Laracha. Destaca neste número unha entrevista á candidata á alcaldía, Carolina Castiñeiras, que ocupa as dúas primeiras páxinas. A seguir destacamos o compromiso do BNG co concello da Laracha desde o goberno da deputación, e finalmente publicamos unha entrevista con Ana Pontón.