Monday 25 de November de 2024

Comeza a instalación da área de calistenia no Parque As Trece Rosas


O Concello está a crear un circuíto de calistenia no Parque As Trece Rosas que servirá para a práctica do deporte ao aire libre. Atópase preto do pequeno montículo empedrado que fai de miradoiro sobre a ría.

O conxunto da instalación está composto por 4 estruturas distintas, que ocupan un espazo duns 18×10 metros, cunha base escavada delimitada por travesas de madeira. O custo desta instalación é de 30.000 euros.

Este tipo de espazos son moi axeitados para practicar deporte utilizando sobre todo o propio peso corporal, de tal xeito que resulta un interesante complemento á carreira a pé ou a calquera outra actividade deportiva ao aire libre, especialmente interesante nun espazo de grande uso deportivo como é este parque.