O edificio social Toñito Espiñeira acolleu, esta mañá, un emotivo acto no que o Concello Carral e a comunidade educativa do municipio amosaron o seu rexeitamento fronte á violencia de xénero.
Como parte da xornada, levouse a cabo inauguración dunha exposición fotográfica cedida polo colexio Juan Pablo I de Valderrubio de Granada.
Así mesmo, alumnos e alumnas do CEIP Vicente Otero Valcárcel e do IES de Carral procederon á lectura do manifesto contra desta lacra social.
Ademais, os estudantes do Vicente Otero deron a coñecer unha mostra feita por eles mesmos na que cada clase personalizou un zapato vermello (símbolo da violencia de xénero).
O acto incluíu, ademais, a proxección dun vídeo realizado polo instituto realizou no que se nomea ás máis de 40 vítimas da violencia neste 2022. Por último, gardouse un minuto de silencio.