Monday 25 de November de 2024

Unha trintena de maiores riveirenses acudiron á viaxe cultural ao País Vasco


Unha trintena de maiores do municipio participaron entre os pasados días 18 e 23 de setembro nunha viaxe cultural ao País Vasco que estivo promovida pola Concellería de Servizos Sociais e Promoción Social -que dirixe Esther Patiño- dentro do Programa Municipal de Dinamización Social dos nosos Maiores.

A actividade incluíu a estancia en distintas localidades tan fermosas como Bilbao (con visita guiada polo casco histórico e ao museo Guggenheim), San Sebastián, Vitoria ou a vila medieval amurallada de Guetaria.

Os visitantes tamén se aproximaron ao veciño País Vasco Francés, con visitas a Bayonne, Biarritz, Saint Jean de Luz.