O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 24 de novembro, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
1. Aprobación actas anteriores (25 de novembro, 22 de decembro de 2021, 13 de xaneiro, 27 de xaneiro, 1 de febreiro e 9 de febreiro de 2022).
2. Moción do equipo de goberno relativa a proposición en apoio á ILP promovida por SOS Sanidade Pública para garantir a calidade asistencial na atención primaria. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
3. Moción do grupo municipal do BNG relativa á reivindicación do 25 de novembro e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista no contexto de crise de prezos e de rearme do machismo. Denegada a emenda presentada polo PP con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE). Aprobada a moción orixinal con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
4. Moción do grupo municipal do PP en relación ó estado da Torre de Bermúdez. Aprobada por unanimidade.
5. Moción do grupo municipal do PP con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
6. Moción do grupo municipal do PP para solicitar ó goberno de España á no supresión do delito de sedición. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, finalmente, dar paso á quenda de rogos e preguntas.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.