Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oroso abre a matrícula nun curso gratuíto de preparación das probas libres para obter o título de Graduado en ESO


O Concello de Oroso abre o prazo de matrícula para un curso gratuíto de preparación das probas libres para obter o título de Graduado en Educación Secundaria (ESO). As inscricións poderán realizarse no Rexistro Oficial do Concello de Oroso ata o vindeiro 20 de outubro.

O número de prazas dispoñibles será de 24. O único requisito para participar é ter 18 anos e superar unha pequena proba de acceso, que se realiza coa finalidade de establecer un punto de partida homoxéneo para todos os alumnos e alumnas do curso.

Ao longo do curso abordaranse os temas máis salientables da educación secundaria para adultos coa finalidade de recoñecer os obxectivos principais desta etapa educativa e poder superar a proba libre que se convoca anualmente a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a obtención do Graduado en ESO.