Friday 22 de November de 2024

O Concello de Touro conmemora mañá o 25N cunha campaña de sensibilización e coa lectura do manifesto contra a violencia de xénero


O Concello de Touro conmemora mañá o 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Baixo o lema No camiño da igualdade, móllate contra a violencia de xénero, o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro ten previsto presentar a Campaña de Sensibilización sobre o 25N no Centro de Saúde e no Concello de Touro. Será a partir das 11.00 horas. Unha hora máis tarde darase lectura ao Manifesto contra a violencia de Xénero. Será na Casa da Cultura do Concello de Touro.