Friday 22 de November de 2024

O Concello mellorará a canalización de augas pluviais na rúa Castelao en Aguiño


O Concello de Riveira aprobou a pasada semana en xunta de goberno local unha actuación destinada a mellorar a canalización de augas pluviais na rúa Castelao en Aguiño.

Concretamente, a obra localízase no punto máis baixo da citada vía, ao producirse con certa frecuencia inundacións nas épocas de choiva debido a que a liña de pluviais existente non conta con suficientes puntos de descarga.

Con tal motivo, a acción prevista pretende reforzar a rede actual colocando un novo colector que recolla as augas superficiais e as evacúe nun punto independente. Concretamente, instalarase unha tubaxe de PVC compacto SN4 con diámetro de 315 milímetros de 52 metros de lonxitude, ademais de tres arquetas sumidoiro e un pozo de rexistro circular.

A empresa á que se adxudicou a actuación foi Excavaciones Nima, S.L., por un importe de 6.421 euros, IVE incluído.