― Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos
― A liña de axudas da Xunta, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.
― As axudas estiveron orientadas a actuacións como sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización, así como sistemas de check-in automáticos, entre outros
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá o hotel Atmos,, un dos beneficiados pola orde de axudas para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hostaleiros que lle permitiu mellorar os sistemas domóticos e renovar os seus controis de acceso.
Trenor explicou que o obxectivo destas axudas foi “seguir colaborando na modernización das instalacións e na consecución da maior seguridade sanitaria nos establecementos hosteleiros galegos”. Na comarca do Barbanza recibiron estas axudas un total de 6 establecementos por un importe de case 207.000 euros e movilizaron máis de 230.000 euros. No ámbito galego estes apoios ascenderon 3 millóns de euros
O delegado da Xunta puxo en valor este tipo de axudas porque “son inxeccións moi importantes para superar o impacto da pandemia e para seguir incrementando os estándares de calidade dun sector fundamental para a economía galega”.
A liña de axudas da Xunta para a dotación de equipamentos poscovid, estivo orientada a micropemes e pemes do sector da hostalería, como hoteis, hostais, casas rurais ou outro tipo de aloxamentos e bares, restaurantes e cafeterías.
Os beneficiarios recibiron achegas de ata o 90% do seu investimento cunha contía máxima de 50.000 euros e as actuacións deberán orientarse á adquisición de medidores calidade do aire, sistemas domóticos ou de check-in automático, redes de control de distancia, accesos e aforos, infraestruturas de ventilación e climatización do aire, cartelería, rotulación ou sinaléctica.
Antecedentes
Esta liña de axudas foi posta en marcha o ano pasado no marco do conxunto de medidas impulsadas pola Xunta de Galicia para apoiar ao tecido empresarial galego fronte ás circunstancias derivadas da pandemia.
As solicitudes concedidas na convocatoria anterior foron 464 por un importe de preto de 6 millóns de euros.
DATOS DO ESTABLECEMENTO NOME COMERCIAL | CONCELLO | OBXECTO AXUDA SEGÚN CONVOCATORIA | TOTAL CUSTO SEN IVE SUBVENCIONABLE | AXUDA CONCEDIDA CON IVE (MÁXIMO 50.000) |
CHICOLINO | BOIRO | SISTEMAS DE CLIMATIZACIÓN E REFORMAS ORIENTADAS A CREACIÓN DE ESPAZOS | 56.220,80 € | 50.000,00 € |
RESTAURANTE A MOROSA | CARNOTA | PORTAS E CONSIGNAS AUTOMÁTICAS | 8.940,00 € | 8.046,00 € |
MORADA DA MOA | CARNOTA | SISTEMAS DOMÓTICOS, CONTROL DE DISTANCIAS, OPTIMIZACIÓN DE PROCESOS, PORTAS E CONSIGNAS AUTOMÁTICAS, CONTROIS DE ACCESO, SOFTWARES DE CONTROL, ASOCIADOS E SISTEMAS CHECK- IN ASOCIADOS, SISTEMA CLIMATIZACIÓN | 52.580,00 € | 47.322,00 € |
HOTEL MEIGA DO MAR | CARNOTA | EQUIPAMENTO MULTISERVIZO, MEDIDOR CO2,CARTELEIRA E RÓTULOS, NOVO EQUIPAMENTO DE HIXIENIZADO E LAVADO | 2.558,47 € | 2.302,62 € |
HOTEL ATMOS | OUTES | SISTEMAS DOMÓTICOS, SISTEMAS DE CHECK-IN AUTOMÁTICOS, CONTROL DE ACCESO | 56.309,00 € | 50.000,00 € |
FERA RESTAURANTE | OUTES | REFORMAS ORIENTADAS Á CREACIÓN DE ESPAZOS QUE SUXIRAN MAIOR AMPLITUDE | 55.712,98 € | 50.000,00 € |
6 AXUDAS | 232.321,25 € | 207.670,62 € |