Este venres, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Laxe organiza unha serie de actos conmemorativos.
Ás 12:00 horas realizarase, diante da Casa do Concello, a lectura do ‘Manifesto de Apoio e Rexeitamento’ ante casos de violencia machista e, ao seu remate, procederase a unha solta de globos biodegradables en lembranza das que xa non están.