Os veciños e veciñas de Iñás escolleron a Jaime Rumbo e Óscar Morlán como candidatos para a lista electoral de Alternativa dos Veciños.
A ex-concelleira da localidade, Elena Otero Viqueira, presentou á asemblea aos dous candidatos escollidos, que foron propostos previamente pola comisión de seguimento de Iñás. Pola súa parte, o presidente Ángel García Seoane fixo fincapé na importancia deste tipo de procesos participativos para garantir a entrada na política de persoas honestas e honradas que atesouran un importante traballo social desinteresado nos seus pobos.
Jaime Rumbo Mosquera (1961) é concelleiro desde o ano 2015. Actualmente é o responsable da área de Servizos Municipais. Carpinteiro de madeira de profesión, leva desde mozo vencellado ao movemento social e deportivo da localidade. A día de hoxe colabora coa Asociación de Veciños O Hórreo e coa Comisión de Festas de Iñás.
Óscar Deus Morlán (1975) é carpinteiro metálico de profesión. É o presidente da Asociación de Veciños O Hórreo e da Comisión de Festas de Iñás.