Friday 22 de November de 2024

Axenda fin de semana en Cariño


Venres 25 de novembro
25-N. Día internacional contra a violencia de xénero. Ás 12 horas, na Casa do Concello. Concentración con lectura dun manifesto.

Sábado 26 de novembro
Cine: EL CUARTO DE MONA.
19.30 horas – Auditorio Municipal – Entrada: 3€ (á venda no LOCAL SOCIAL)

Programación incluída na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Dirección: Darío Autrán
Ano: 2021
Duración: 73 minutos
Xénero: Comedia
Reparto: Sabela Hermida, Isabel Blanco, Xosé Bonome, Mayka Braña, Nerea Brey, Rosalía Castro, Melania Cruz, Alberto da Sinda, Giuliano Lancelotti, Manuel Manquiña, Isabel Risco, Germán Torres, Tania Vilamarín

Sinopse:

Mona (Sabela Hermida) é unha muller á que todo lle vai mal. En plena crise dos corenta, sen traballo, sen parella, sen diñeiro e co soño de ser actriz decide terminar os seus días tirándose por unha ponte, con todo, unhas chamadas no último momento lembraranlle que queda pouco para os seus aniversarios. O que parece que pode ser un intento de volver á normalidade na súa vida desencadeará nunha semana frenética con todo tipo de situacións disparatadas.

Domingo 27 de novembro

FALANDO A MÚSICA, con Rosa Sánchez e Pablo Carpintero

19 horas – Auditorio Municipal – Entrada de Balde

Patrocinado pola Rede de Dinamización Lingüística.

Infantil – Para público familiar – Todos os públicos
Duración: 60 minutos

Sinopse:

Concerto didáctico que mostra e pon en valor o noso patrimonio cultural musical, e fala da músicacomo manifestación cultural esencial para os humanos. Está dirixido a todo tipo de público, pois achega información relevante sobre a nosa evolución como especie e os procesos de evolución cultural.

Durante unha hora, rememoramos nomes de moitos dos nosos instrumentos musicais, das súas partes e das prácticas musicais que os envolven, contamos o que sabemos da súa etimoloxía e o proceso histórico que esta nos relata, facemos soar uns segundos cada instrumento musical e vemos, así, o que podemos aprender de cada unha destas fermosas palabras.