O venres ás 20:30 horas no Auditorio da Fábrica, proxectarase o documental ‘Circo de artesáns, o ateneo de Galicia’. O acceso é libre e gratuíto.
‘Circo de artesáns, o ateneo de Galicia’ é un documental realizado por Nós Televisión para o Circo de artesáns, que ofrece unha visión de capítulos esenciais e descoñecidos da historia da cidade da Coruña e de Galicia. Tras a proxección haberá un coloquio que contará coa participación de Manuel Miragaia (escritor e responsábel de Cultura do Circo de Artesáns da Coruña), Roberto Parga (presidente do Circo de Artesáns) e o alcalde Ángel García Seoane.