Thursday 21 de November de 2024

O Concello de Cerdido acolle esta fin de semana unha nova edición do concuso de pinchos ‘Saborea Cerdido’


• Participan no concurso un total de 6 locais de hostalería: O Pazo de Cerdido, Bar Elvis, Mesón Froallo, Casa Ignacio, O Rincón de Tania e Casa da Viuda

• Sortearanse tres vales de consumicións entre todoas as persoas consumidoras participantes de 75, 50 e 25 euros

O Concello de Cerdido acolle esta fin de semana unha nova edición do concurso de pinchos “Saborea Cerdido”.

Os locais participantes do concurso son: O Pazo de Cerdido, Bar Elvis, Mesón Froallo, Casa Ignacio, El Rincón de Tania e Casa da Viuda.

Haberá un trofeo para os locais cos tres mellores pinchos, que sairán das votación das persoas consumidoras.

Tamén se levará a cabo un sorteo de tres vales entre as persoas consumidoras das tapas de 75, 50 e 25 euros para canxear nos locais. Para participar será necesario facer polo menos unha consumición en todos os locais participantes.

O sábado o horario para degustar as receitas abrangue desde as 11 ata as 15 horas, e pola tarde desde as 19 ata as 22 horas. Na xornada do domingo o horario exténdese desde as 11 ata as 15 horas.
Desde o Concello de Cerdido animan a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta nova edición do concurso e a gozar das creacións culinarias dos locais hostaleiros.