Sunday 24 de November de 2024

A Aula CEMIT de Sigüeiro-Oroso participa nunha iniciativa para impulsar o uso de smartphones entre as persoas maiores


Trátase dunha iniciativa gratuíta que se desenvolverá entre o 14 de outubro e o 23 de decembro

2 de outubro de 2015.- A Aula CEMIT de Sigüeiro-Oroso participará no proxecto “Aprende a usar o smartphone”, unha iniciativa posta en marcha por AMTEGA en colaboración coa Fundación Vodafone para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos intelixentes. A Aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso comezará a participar neste programa a partir do luns 14 de outubro e ata o mércores 23 de decembro.

Os alumnos/as poderán acudir cos seus móbiles ou usar aqueles terminais que terá a Aula CeMIT orosá para aquelas persoas que non dispoñan deles. Ademais, os participantes recibirán uns manuais en papel que recollerán dunha forma visual sinxela as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc) así como exemplos de aplicacións básicas e de interese este colectivo. Disporase tamén dunha serie de vídeo pílulas formativas breves e moi prácticas, que servirán de material de apoio audiovisual á hora de formar dunha maneira fácil e á medida da persoa interesada.

As persoas interesadas en asistir a esta iniciativa formativa deben acudir a Aula CeMIT de Sigüeiro –Oroso (Rúa do Deporte, 7) onde poderán resolver ás dúbidas que poidan xurdir.