Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia o abandono dos espazos públicos por parte do Goberno Municipal, como pode ser a praza de entrada á Urbanización Sol e Mar en Oseiro, que se renovou hai uns meses e xa se atopa nunha situación lamentable pola falta de mantemento. Alternativa volve denunciar a carencia de mantemento dos espazos públicos municipais, como poden ser zonas deportivas, parques infantís ou zonas verdes.
“Desenvolver obras está moi ben, sempre que se fagan con bo criterio e atendendo ás necesidades da cidadanía, pero logo tamén hai que saber manter e coidar estas obras que se fan co diñeiro dos os veciños e veciñas. A obra de renovación da praza de entrada á Urbanización Sol e Mar é unha aberración urbanística total. O deseño non se axusta nin se adapta para nada á contorna”, apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.
“O equipo de Goberno ten totalmente abandonado o patrimonio natural do municipio, non se preocupan por mantelo e coidalo. Pero, aínda así, ocórreselles desenvolver proxectos no municipio onde inclúen lagos artificiais” matiza Noelia Martínez.