O Pazo da Cultura de Narón acolle os días 21 e 22 de novembro un novo espectáculo da “38 Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil” organizada polo Padroado da Cultura de Narón, en colaboración coa Deputación da Coruña. Un total de 1.165 escolares de tercero e cuarto da ESO e de primeiro e segundo de Bacharelato e Ciclos asistirán ao espectáculo “En Bucle”, da compañía Rayuela Teatro, no Pazo da Cultura.
Nestes dous días asistirán á Mostra alumnado dos centros IES As Telleiras, IES Terra de Trasancos, CPR Ayala, CPR Jorge Juan, CPR Santiago Apóstol e CPI Feal e Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. Tamén asistiron escolares dos centros CPR Lestonnac (Ferrol), CPI A Xunqueira( Fene). CPIF Rodolfo Ucha (Ferrol), IES Catabois (Ferrol), IES Carvalho Calero (Ferrol).
As últimas representacións programadas nas tres escolas infantís municipais da Solaina, Gándara e Piñeiros terán lugar os días 28, 29 e 30 de novembro coa representación do espectáculo “Coser e Cantar”, de Teloncillo Teatro.
Esta mostra teatral ten como un dos obxectivos principais incentivar e difundir os espectáculos culturais entre o alumnado de Narón e da comarca que acuden ás prepresentacións e realizan tamén un labor didáctico nas aulas relacionado con esta área cultural.