As persoas interesadas en participar deben inscribirse no departamento municipal de Servizos Sociais a partir deste mércores
O Concello de Neda organiza unha viaxe ao Mercado de Vila Nova de Cerveira e A Fortaleza para o sábado 17 de decembro, ás portas do Nadal, e as persoas interesadas en tomar parte poderán anotarse a
partir de mañá mércores, 23 de novembro, no departamento municipal de Servizos Sociais. As prazas son limitadas, e cubriranse por orde de inscrición. O prazo conclúe o 8 de decembro -ou unha vez se complete o aforo-.
A excursión programada polo Concello partirá ás 8 horas do 17 de decembro da casa consistorial con destino ao Norte de Portugal. Alí visitaranse dúas localidades que destacan tanto polos seus recursos arquitectónicos e naturais como polos seus afamados mercados: Vila Nova de Cerveira e A Fortaleza -en Valenca do Miño-. Localidades nas que realizar algunha compra de cara ao Nadal, e descubrir novos destinos e paisaxes.
O custe da viaxe é de 14 euros, e inclúe os desprazamentos en autocar, non así a comida.