Os veciños e veciñas de Santa María de Oleiros escolleron a Teresa Vázquez Maseda, David Garrido Conchado e César Meilán como candidatos para a lista electoral de Alternativa dos Veciños.
O representante local na executiva, Manuel Sánchez, presentou á asemblea aos tres candidatos escollidos (un deles ausente por enfermidade), que foron propostos previamente pola comisión de seguimento da localidade. Pola súa parte, o presidente Ángel García Seoane destacou a importancia de volver acadar unha maioría absoluta que permita xestionar o municipio de forma óptima.
Teresa Vázquez Maseda (1960) é concelleira desde o ano 2003. Actualmente é a responsable das áreas de Deportes, Formación e emprego, Promoción Económica e Turismo.
Cesar Meilán (1991) é enxeñeiro industrial, con máster en automoción e robótica. Neste momento traballa de enxeñeiro de software.
David Garrido Conchado (1985) é diplomado en ciencias empresariais. Actualmente traballa na área de deportes do Concello.