Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá estacionada hoxe nas inmediacións do novo centro de saúde en horario de 15.30 a 21.00 horas. A unidade estará operativa mañá martes na Praza da Constitución da Solaina en horario de mañá desde as 09.30 ata as 14.30 h e, en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. O mércores día 23 a unidade móbil estará situada a carón do centro de saúde desde as 09.30 ata as 14.30 h en horario de mañá e de 15.30 a 21.00 horas en horario de tarde.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.
Para solicitar máis información sobre a campaña pódese chamar –de balde- ao número de teléfono 900 100 828.