Friday 22 de November de 2024

Asembleas abertas para elixir máis candidatos, o luns en Oleiros e o mércores en Iñás


A vindeira semana celebraranse en Oleiros e en Iñás dúas novas asembleas electorais abertas para elixir candidatos para as próximas eleccións municipais. O luns 21 de novembro, ás 20 horas, será na Casa Charry e o mércores 23, ás 20 horas tamén, na Casa do pobo de Iñás.

As asembleas son abertas a todos os veciños e veciñas de cada localidade, para que poidan escoller libremente ás persoas que formarán a candidatura de Alternativa. Ademais das persoas que cada comisión local de seguimento propón á asemblea, calquera outro veciño ou veciña pode presentarse in situ, tal e como aconteceu por exemplo en Dexo. Son os veciños e veciñas que acoden os que teñen a decisión final cos seus votos.

Ata o momento celebráronse catro asembleas, en Dexo, Dorneda Nós e Mera. Os veciños e veciñas participantes elixiron a Rosa Méndez, Igor Pérez, María José Varela, José Manuel Caridad, Juan Fernández, Belén Taboada, Antonio Molinos, Óscar Brandariz, Marga Figueroa, Pablo Cibeira e Francisco Pita.