A Pobra do Caramiñal dará cabida no 19 de novembro, ás 11.30 horas, a un acto para conmemora-lo aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala.
Organiza a Concellaría da Memoria Histórica, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), en colaboración con Vía Galega para poñer de manifesto os sinais de identidade do pobo galego.
Por esta razón, no paseo dos Areos, nas proximidades do IES, terá lugar o izado da bandeira de Galicia.