As solicitudes de participación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula
A Escola Galega de Administración Pública vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das actividades de formación para o persoal que presta servizos nas entidades e nas institucións públicas autonómicas.
As actividades formativas impartiránse en dúas modalida¬des, teleformación e autoformación e a información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será ac¬tualizada e ampliada na páxina web egap.xunta.es.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguin¬te ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Así, entre as actividade no programa de autoformación están a calidade na Administración Pública, procesos e procedementos; as subvención, a regulación estatal e autonómica; o cambio e motivación nas organizacións;a iniciación á Administración electrónica, a seguranza da información e protección de datos; os contratos administrativos; a responsabilidade patrimonial da Administración; as técnicas para unha boa redacción de documentos administrativos;e o xénero e igualdade nas Administracións Públicas.