O primeiro exercicio será o 16 de decembro.
O Concello vén de facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas na convocatoria para a cobertura en propiedade de dúas prazas de auxiliar administrativo.
Son un total 211 os aspirantes que están citados para realizar o primeiro exercicio o día 16 de decembro ás 12:30 horas no pavillón municipal da Laracha.
A selección farase polo sistema de oposición libre, que constará de tres exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio. Ademais, os aspirantes que non acrediten estar en posesión do título Celga 3 ou equivalente, deberán superar a correspondente proba de coñecemento da lingua galega.