· No mes de outubro presentáronse por Rexistro 1.282 firmas dirixidas á Consellería e, #ante a falta de resposta, hoxe estableceuse un novo plan de accións
· O vindeiro venres 16 de decembro levará a cabo unha andaina reivindicativa.
A comunidade educativa de Bergondo entregou hoxe na Delegación Territorial da Coruña da Xunta de Galicia máis de 1.300 firmas dirixidas á Valedora do Pobo para denunciar o recorte de persoal docente no CPI Cruz do Sar e incidindo no dereito dos nenos e nenas a unha educación digna.
No mes de outubro presentáronse no Rexistro municipal un total de 1.282 firmas, tanto manuscritas como outras recollidas na plataforma Change.org, dirixidas á Consellería de Educación e, #ante a falta de resposta, hoxe decidiuse reiniciar as accións reivindicativas.
Así, o vindeiro venres 16 de decembro, ás 17 horas, levará a cabo unha andaina reivindicativa para visibilizar a deslealdade institucional da Xunta de Galicia que, a pesar do incremento neste curso das matrículas de alumnado con diversidade funcional, denegou a solicitude do centro dun especialista en Pedagoxía Terapéutica, recorta a xornada de Audición e Linguaxe e prescinde dun mestre de referencia para o alumnado como o de Educación Primaria.
A andaina sairá desde o CPI Cruz do Sar e as persoas participantes irán ata a casa do concello, pasando previamente pola rotonda de Vos Condes. Ao finalizar lerase un manifesto no que se reumen os dereitos que a Consellería de Educación está a negar en Bergondo.
“Convidaremos aos colexios limítrofes para solicitar ou seu apoio” explica a presidenta do APA As Mariñas, María José Ferreño, que agarda “que non próximo curso ningún centro educativo necesite facer este tipo de reivindicacións para pedir ou que é de xustiza”.