Friday 22 de November de 2024

O Concello da Pobra avalía en SEDEXPO as últimas novidades en materia de seguridade


O concelleiro da Seguridade da Pobra do Caramiñal, José Andrés Lojo (Nós Pobra), e efectivos da Policía local visitan neste 18 de novembro a Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias SEDEXPO, que se realiza en Silleda.

Alí coñecen as principais novidades en equipamentos e prestacións para os corpos de seguridade e para avalia-la súa incorporación ao ámbito municipal, o cal redundará nunha mellora do desenvolvemento do traballo dos/as axentes e dos diferentes corpos da protección civil e das emerxencias do Concello e, polo tanto, no servizo que se lle proporciona á veciñanza.