Saturday 16 de November de 2024

O CIMM programa a proxección do documental “Nunca Máis. 20 anos de dignidade”


O documental, dirixido por Xosé Aragunde, poderase ver no CIMM o xoves 24 de novembro ás 20h

O Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM) de Cabanas acollerá o próximo xoves, 24 de novembro ás 20h, a proxección do documental “20 anos de dignidade”, unha peza audiovisual dirixida por Xosé Aragunde e que conta co apoio da Plataforma Nunca Máis.

A obra recolle testemuñas de diferentes persoas que participaron de xeito directo na xénese de Nunca Máis, mais tamén da xente do mar que posúe unha visión directa da catástrofe do Prestige, acontecida nas costas de Galiza hai agora dúas décadas, achegando una balance destes últimos vinte anos.

A proxección do documental chega a Cabanas tras o éxito da súa presentación en Pontevedra, e completarase cun relatorio a cargo dun portavoz da Plataforma Nunca Máis.

Malia que a entrada será libre até completar o aforo, as persoas interesadas en asistir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo a cimm@cimmcabanas.gal, ou a través do teléfono / WhatsApp 674 357 478 para garantir o seu sitio.