Friday 22 de November de 2024

Iniciadas as obras de mellora e humanización de pistas no lugar de Mourín


· Realizaranse traballos de mellora do pavimento e de sinalización do vial e habilitarase unha maior superficie para uso peonil.

· A actuación conta cun orzamento de preto de 50.000 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

O Concello ven de iniciar as obras de mellora e humanización de pistas no lugar de Mourín, na parroquia de Camariñas. A actuación conta cun orzamento de preto de 48.377,87 euros e está financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Actualmente estas vías teñen un elevado grao de deterioro que impide o seu uso normal tanto para peóns como para vehículos polo que o obxectivo desta actuación é mellorar as condicións de seguridade viaria na zona, pavimentando as estradas, instalando nova sinalización e habilitando unha maior superficie para o uso peonil.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explica que “con esta actuación as vías que unen a estrada Pista a Mourín con Mourín e con Pión van a conseguir un grao de humanización, mellorando notoriamente a seguridade viaria”.