Sunday 24 de November de 2024

O Foro de Talentia Summit volve á Cidade da Cultura para clausurar unha edición 2022 que xa vai polos 23.000 participantes virtuais


O auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura acollerá o próximo xoves 24 novembro de 2022 ás 18:30 h o Foro Talentia Summit ‘22. Yolanda Vázquez será a condutora dun acto que contará con varios conferenciantes de prestixio. Ademais, o talento artístico terá a súa representación en Fredi Leis, músico e compositor compostelán animará unha xornada que estará cargada de innovación e coñecemento.

Coincidindo co ecuador da feira virtual de talento e emprego Talentia Summit’22, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o responsable do Departamento de Emprego, Xabier Ferreiro, aproveitaron para facer balance dos resultados obtidos ata o momento e desvelar os detalles do Foro Talentia 2022 que se celebrará a próxima semana e que porá o punto final a esta edición.

O alcalde anunciou que Talentia Summit’22 “contaba ata o día onte con 22.893 usuarios activos na feira virtual, 2.368 prazas reservadas en cursos de formación e certificacións oficiais, 2.042 currículos intermediados para as 594 vacantes ofertadas e 1069 videoconferencias en entrevistas virtuais con empresas”. Trátase dunhas “cifras tremendamente importantes que indican que este evento está cumprindo a súa misión de potenciar e poñer en valor o talento”, engadiu o rexedor.

Talentia ofrece un gran catálogo de actividades gratuítas e que lles permiten ás persoas conectar de forma áxil e sinxela cunha gran rede de empresas e organizacións que están á procura de talento. O evento pon ademais á disposición das persoas interesadas unha amplia oferta formativa, certificacións oficiais e unha unidade de desenvolvemento profesional.

Foro Talentia

Durante a rolda de prensa tamén se presentou o Foro Talentia 2022 que terá lugar o vindeiro xoves 24 de novembro en xornada de tarde, de 18:30 h a 20:45 h no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura. As entradas poderanse reservar de forma gratuíta na a través da web de Talentia Summit ‘22.

O Foro volve de novo á Cidade da Cultura, onde xa cebrara a pasada edición con grande éxito. E do mesmo xeito, tamén será difundido en tempo real mediante streaming.

O Foro Talentia 2022 será inaugurado por Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e reunirá referentes do talento en diferentes áreas:

– Gemma Ventura Santasusana
Happines hunter – experta en Procesos de Xestión da Felicidade

– Juan Antonio Báez Morín
Vicepresidente do Consello da Xuventude de España

– Eva Porto
Psicóloga, recrutadora e creadora de contidos

– Luis Gil
Catedrático da ETSI Montes, Forestal do Medio Natural

– Miriam Blanc
Product owner – BPM | Automatización, intelixencia e minería procesos

O broche musical o porá Fredi Leis, recoñecido músico e compositor nacido en Santiago conseguirá crear o ambiente perfecto para clausurar a edición 2022 do Talentia Summit.