Terá lugar o 10 e 17 de decembro no ximnasio do CPI Cernadas de Castro e será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita
O Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nun “Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas”. Dúas sesións gratuítas que terán lugar os sábados 10 e 17 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, no ximnasio do CPI Cernadas de Castro de Lousame.
O curso será monitorizado por persoal especialista da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que ensinarán ás alumnas a actuar diante de situacións problemáticas a través de técnicas de autodefensa. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse na Concellería de Igualdade de Lousame, no no WhatsApp 689 126 385 ou no mail igualdadelousame@gmail.com, facendo constar o nome, apelidos, teléfono, idade e municipio de residencia.
Este “Curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas” está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, a Federación Galega de Loita, a Academia Galega de Seguridade Pública e o Ministerio de Igualdad.