Contarase coas actuacións da orquestra Zeltia, Sementes da Arte e Ritmo Galego. O pregón deste ano correrá a cargo de José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes
O barrio ordense do Piñeiro celebrará esta vindeira fin de semana as súas festas na honra de San Francisco de Asís. Unha celebración que dará comezo esta mesma noite nos bares e establecementos da zona, os cales convidarán a touciño entrefebrado a toda a súa clientela.
A xornada de mañá sábado arrancará coa música e o pasacalle dos Viqueiras. Ás 13 horas haberá misa solemne no Campo da Festa, seguida ás 14 horas do pregón ofrecido polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo. As actuacións de Sementes da Arte e da orquestra Zeltia animarán a sesión vermú, e esta volverá subir ao escenario pola noite, acompañada nesta ocasión do grupo local Ritmo Galego.