• Instalaranse 18 luminarias LED coas correspondentes columnas, brazos e caixas de derivación.
O Concello das Somozas optimizará as condicións lumínicas na zona da Garita cun proxecto que conta cun orzamento de 46.164,88 euros. Instalaranse 18 luminarias LED coas correspondentes columnas, brazos e caixas de derivación.
A vía na que se intervirá componse dun espazo con dous carrís de circulación de 8 metros de ancho en total e dúas beirarrúas laterais dun metro e medio cada unha.
Realizarase a posta a terra de toda a instalación e completará a actuación a colocación dun cadro de mando coa conseguinte protección. Dadas as características das obras, considérase necesario un prazo de SEIS (6) meses para a correcta terminación das mesmas.
O alcalde, Juan Alonso Tembrás, subliña que “estas obras responden a unha demanda da veciñanza, e suporá un avance respecto ás condicións estéticas e de seguridade da zona da Garita”, asegura.