Friday 22 de November de 2024

Mulleres de Cabanas participan na xornada sobre autocoidados


A xornada está dirixida a persoas coidadoras

O Concello de Cabanas acolleu esta mañá a xornada “Coidar sen descoidarse”, organizada pola área de igualdade en colaboración coa Fundación Mujeres.

A actividade serviu para que as participantes puidesen abordar cuestións como a feminización do coidado, a socialización diferencial ou as consecuencias de coidar a nivel económico, social e de saúde física e emocional.

Da man do autocoidado, púxose o foco na importancia de aprender a escoitar ao propio corpo e mente para saber cando se necesita un descanso, e da necesidade da corresponsabilidade familiar e social para aumentar o benestar da persoa coidada, da coidadora e o seu entorno.