A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, anunciou que o vindeiro sábado, día 19, a Biblioteca municipal acollerá unha homenaxe adiantada aos músicos do mundo con motivo da conmemoración da súa patroa, Santa Icía.
A Orquestra de Camarote, ofrecerá nas instalacións da Biblioteca ás 11.00 horas un espectáculo musical con personaxes moi especiais e música de moitos e moi variados estilos. Con eles faremos unha viaxe musical por distintas partes do mundo, recordou Taibo.
Para participar na actividade os nenos e nenas deberán ter os cinco anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas. As persoas interesadas deberán reservar praza de maneira presencial ou chamando ao teléfono da Biblioteca 981382173 en horario de apertura.