O alumnado do Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confeitería gozou dunha cata comentada de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia con melindres de Melide.
O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia trasladouse a Arzúa para impartir unha charla formativa sobre catas e maridaxes de destilados galegos. A enólogoa/enóloga, Sonia Otero, dirixiu esta sesión na que participaron preto de vinte alumnos do Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confeitería do centro de formación profesional EFA Piñeiral. Entre os asistentes atopábanse un alumno de intercambio de Francia, unha alumna de México e outra de Perú que puideron coñecer a calidade dos destilados de Galicia.
A primeira parte desta charla consistiu en explicar as funcións do Consello Regulador e o seu obxectivo de garantir a calidade e a orixe dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Ademais, realizouse un repaso pola elaboración dos distintos produtos amparados e explicáronse as características diferenciadoras entre eles.
Na segunda parte da sesión, os participantes aprenderon técnicas de cata dos destilados, unha información moi práctica para o seu futuro profesional. Así mesmo, degustaron dúas Augardentes de Galicia elaborados con distinta variedade de uva (albariño e mencía), Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia; acompañados con melindres de Melide.
Sonia Otero destacou que “como alumnos do Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confeitería, é fundamental que coñezan a importancia dunha correcta maridaxe. Os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia combinan moi ben coa repostería e mesmo poden usar estes produtos nas súas futuras elaboracións pasteleiras”.
O alumnado destacou o Licor de Herbas de Galicia e o Licor Café de Galicia como favoritos, pero tamén se mostrou gratamente sorprendido co Augardente de Galicia.
Para finalizar a sesión, Sonia Otero lembrou a importancia de “consumir destilados debidamente etiquetaxes”. Ademais, fixo especial fincapé no plus de calidade dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia que son aqueles que teñen algunha das contraetiquetas das catro Indicacións Xeográficas -Bagazo de Galicia, Augardente de Herbas de Galicia, Licor de Herbas de Galicia e Licor Café de Galicia-.