A xunta de goberno local do Concello de Riveira deu luz verde na súa reunión de hoxe a unha nova actuación consistente na dotación dun tramo de beirarrúa ao sector da rúa Canarias comprendido entre a rúa Galicia e o Malecón, xusto fronte ano novo mercado municipal.
Trátase dunha zona que carece desta infraestrutura por unha das súas marxes e, co fin de mellorar a seguridade da vía, estenderanse 55 metros cadrados de lousas rectangulares de pedra de granito silvestre semellantes ás xa existentes na contorna. Ademais, serán instalados dous acometidas de pluviais en PVC con diámetro de 160 milímetros.
A empresa que se encargará de executar a obra será Florida Galicia, S.L., por un importe de 7.396,92 euros, IVE incluído.