Friday 22 de November de 2024

A OMIC da Pobra ofrece sesións informativas individualizadas sobre a factura da luz


A Oficina Municipal de Información de Consumo (OMIC) da Pobra do Caramiñal achegaralle á veciñanza información para entende-la factura da luz e conceptos relacionados co mercado da electricidade nunha serie de sesións individualizadas.

Aínda que esta función se cumpre de maneira continuada durante todo o ano, intensificarase no 23 de novembro, cunha xornada dedicada en exclusiva a esta cuestión. Atenderase en horario de 16.00 a 20.00 horas nas propias dependencias situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler.

Requírese a cita previa a través do 981831545, marcando a opción 3.