Saturday 16 de November de 2024

Os colexios da primaria da Pobra reciben formación sobre como reciclar correctamente


O Concello da Pobra do Caramiñal prosegue coas campañas de sensibilización para o coidado da contorna. A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), explica que a última acción se focalizou nunha charla formativa sobre a correcta xestión dos residuos dirixida ao alumnado dos centros educativos da primaria.

Estes coloquios impartiunos persoal especializado de Ventos Estudos Ambientais, coa colaboración da Urbaser, á rapazada de tódolos cursos do CEP Salustiano Rey Eiras, no 7 de novembro, e do CEP Pilar Maestú Sierra, no día 14.

Preténdese así concienciar dende idades temperás sobre a importancia da separación na orixe e como facer unha óptima reciclaxe: que depositar no contedor xenérico, no de envases lixeiros, no de papel e cartón, e no de vidro.