Sunday 24 de November de 2024

O Concello entregará os novos composteiros tras unha xornada formativa o día 30 no Roxal


O prazo para solicitar a adhesión ao programa de compostaxe doméstica continúa aberto nas oficinas da casa consistorial ou teléfono 981 38 00 39

O Concello de Neda levará a cabo unha xornada formativa sobre o proceso de compostaxe o próximo mércores 30 de novembro ás 17 horas na pista polideportiva do Roxal. Ao seu remate, procederá á entrega dos composteiros individuais, caldeiros para o depósito dos biorresiduos e aireadores para facilitar a execución do proceso a todos veciños e veciñas que formalizasen previamente a súa adhesión ao programa municipal. O prazo para facelo continúa aberto, e a inscricións pode facerse na casa consistorial de forma presencial ou ben a través do teléfono 981 38 00 39.

Trátase da segunda campaña que promove o Concello en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente a través do Plan de Recuperación, Transformacióne Resiliencia financiado cos fondos europeos Next Generation. Arrancaba a primeiros de mes coa instalación dun punto informativo na contorna do centro de saúde, onde se facilitaba información sobre o programa e recollían inscricións no mesmo.

Na primeira edición, uns 75 fogares sumáronse á compostaxe, e nesta campaña, aínda que o obxectivo é alcanzar a vintena, tentarase dar resposta a todas as solicitudes en caso de que a demanda exceda esa cifra.

O programa municipal buscar capacitar á poboación para a transformación demateria orgánica en compost; mellorar a eficacia da recollida selectiva mediante aseparación previa da materia orgánica; reducir o volume de residuos que debe recoller o ente municipal, tanto os de xardín como os domésticos; concienciar á poboación sobre o papel que xoga a compostaxe na xestión dos residuos orgánicos, e aproveitar esta actuación como punto de partida para outros programas de educación ambiental.

Así mesmo, e máis aló da formación inicial e entrega dos medios, o Concello ofrecerá un servizo de asesoramento porta a porta para garantir a correcta implantación do proceso nos fogares adscritos.