Friday 22 de November de 2024

Rueda asiste á presentación do trailer “Diario de un camino” no marco dos actos do día internacional das persoas maiores


Máis de 200 maiores de 22 residencias de Geriatros da nosa comunidade celebraron hoxe o evento, no Hotel Congreso

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asistiu á presentación do tráiler do documental “Diario de un camino”, no marco do Día Internacional das Persoas Maiores, organizado por Geriatros.

Máis de 200 maiores das 22 residencias que Geriatros ten na nosa comunidade celebraron hoxe a Dia Internacional das Persoas Maiores no Hotel Congreso, en Teo. No acto foi presentado o tráiler “Diario de un camino” , a cuxa proxección asistiu o vicepresidente, e o libro “Tobío”, unha historia da emigración construída entre os maiores e os técnicos de animación de 14 residencias.

O documental “Diario de un Camino” narra o día a día de David e Diana, unha parella de discapacitados que fan xuntos o Camiño de Santiago, e que amosa ademais das sorpresas, ilusións, e esperanzas desta parella na súa andaina, as barreiras que van atopando no seu Camiño, e que reflexan a realidade diaria á que teñen que facer fronte os discapacitados na súa vida cotiá.