Saturday 16 de November de 2024

O Concello apoia á veciñanza do Couto nas súas demandas do paso peonil


O Goberno municipal respalda novamente á veciñanza de Dorneda preocupada pola seguridade viaria na zona do Couto. A manifestación convocada para este venres ás 17 horas é absolutamente necesaria para expresar a indignación da poboación polo nulo caso que fai a Consellería de Infraestruturas da Xunta ás demandas realizadas.

Recentemente, a Consellería de Infraestrutras contestoulle aos veciños e veciñas do Couto que reclaman un paso de peóns dicíndolles que faltarían 4 casas máis para poder reducir a velocidade a 50 km/h e pintar o paso de peóns. No Couto non hai 16 casas, senón máis de 100.