Turismo de Santiago traballou con estes sobresaíntes aloxamentos do rural compostelán na definición da candidatura a presentar aos premios de Calidade Turística. O conxunto paisaxístico formado por A Casa do Cebro e A Casa de Afora atópase no lugar de Correxíns, na parroquia compostelá de Figueiras.
As Casas do Cebro y de Afora exemplifican o compromiso coa calidade turística e a sostibilidade en Santiago de Compostela. Estes aloxamentos seguen como estratexia o concepto de “Sistemas baseados na natureza” para alcanzar os obxectivos de baixa pegada ecolóxica e resiliencia, e a meta final da sostibilidade, tal e como figura no informe medioambiental anexo á candidatura.
O conxunto paisaxístico formado por A Casa do Cebro e A Casa de Afora atópase no lugar de Correxíns, na parroquia compostelá de Figueiras. As edificacións, na falda do Monte Pedroso, están rodeadas de carballeiras, leiras e pasteiros. Deste monte proceden as augas dos abundantes manantiais que regan o val de Figueiras, sendo precisamente a xestión da auga un dos elementos centrais da sua estratexia de sostibilidade.
Ambas casas forman parte do proxecto SICTED dende os primeiros anos da súa implantación na cidade. Nos últimos anos, dende Turismo de Santiago fíxose un traballo de asesoramento específico para apoiar a estes aloxamentos na introdución de innovacións encamiñandas cara a sostibilidade, seguindo os criterios marcados na Axenda 2030.
O conxunto é unha mostra da casa rural galega, que en tempos acolleu a xeracións dunha familia labrega adicada a unha agricultura de autoconsumo. O cultivo das terras e a manutención do gando producía alimentos para o consumo familiar, que se complementaba co aproveitamento forestal.
Ambas casas foron reformadas integramente seguindo criterios de sostibilidade en todos os procesos, co dobre obxectivo de ser o máis eficientes posibles e transmitir os valores da sostibilidades a súa clientela. Casa de Afora rehabilitouse no periodo 2004-2005, e a Casa do Cebro no 2008-2011.
Na rehabilitación das casas buscáronse materiais orixinais e autóctonos, fomentando a economía circular: a pedra, a madeira e o ferro foron reaproveitados doutras construcións orixinais do país. Tras as rehabilitacións, mantense un destacado e meritorio proceso de mellora continua, realizando investimentos nas tecnoloxías máis avanzadas para conseguir diminuír o impacto medioambiental da actividade e facer que as casas cheguen a ser autosuficientes.
O obxectivo final de ambas casas é alcanzar a sostibilidade mediante unha actividade economicamente beneficiosa cunha pegada ecolóxica mínima, incluíndo a redución do uso de enerxía, da produción de residuos e de emisións de gases de efecto invernadoiro. Os premios SICTED entregaranse na vindeira edición de Fitur, que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro.