Friday 22 de November de 2024

A Coruña e Oleiros acordan estudar a viabilidade de crear rutas marítimas para mellorar a conectividade entre os municipios


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o rexedor de Oleiros, Ángel García Seoane, reuníronse hoxe en María Pita para estudar opcións viables que axuden a desconxestionar e aliviar o tráfico rodado na comarca

As liñas proxectadas, que conectarían A Coruña coas localidades de Santa Cristina e Mera, estarían operativas todos os días do ano

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse este martes en María Pita co rexedor do Concello de Oleiros, Ángel García Seoane, no marco dun encontro institucional orientado á mellora da conectividade entre os dous municipios.

Neste sentido, os dous rexedores acordaron hoxe a contratación dun estudo de viabilidade e, en paralelo, unha análise de impacto económico para a posta en marcha de dúas liñas marítimas regulares de pasaxe, A Coruña – Mera e A Coruña – Santa Cristina, que ofrecerían servizo ás persoas usuarias todos os días do ano. A estas dúas liñas podería sumarse unha terceira, entre A Coruña e Santa Cruz, sempre que o calado do porto oleirense así o permita. “O estudo pode estar listo nun prazo de tres meses e unha vez esté
certificada a viabilidade técnica do proxecto, implicaremos ás demais Administracións para a súa posta en marcha”, explicou a alcaldesa, Inés Rey.

O obxectivo plantexado polos Concellos da Coruña e Oleiros é que a actividade dos transbordadores se poda manter todo o ano sempre que as condicións meteorolóxicas así o permitan co fin de desconxestionar o tráfico rodado na estrada AC-173, onde colindan os termos territoriais de A Coruña e Oleiros e remata a Ponte Pasaxe, un enclave cuns índices de circulación rodada moi elevados.