A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción económica, David Pita, fixeron entrega esta mañá no Concello dos vales do sorteo realilzado entre as trinta e dúas persoas que participaron no estudo do programa Narón Gastronómico.
A recollida de datos para o estudo se realizou a través das enquisas que foron repartidas á clientela nos trinta e dous locales de hostalería colaboradores. Cada persoa premiada deberá entregar o seu vale no local de hostalería no que participou cubrindo a enquisa e recibirá unha cesta de produtos galegos mercados no comercio local.
O obxectivo deste programa é acadar o coñecemento e promoción dos locais de hostalería para favorecer a especialización de cada local coas observacións aportadas por cada cliente.
A alcaldesa e o edil naronés agradeceron a participación dos locais de hostalería, ao seu persoal e ás persoas que se achegaron e colaboraron na elaboración deste estudo aportando as súas opinións.
A alcaldesa manifestou asimesmo a vontade do Concello de seguir na liña de colaboración co sector a través de diversas iniciativas que favorezan o seu desenvolvemento na cidade.