A axenda lúdica de A Pobra Moza! incorpora unha proposta cara ó mes de decembro para diversifica-lo ocio da xuventude, tal e como apunta o concelleiro da Mocidade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).
A música de hydn, Chris Indian e DJ Set con André Melón marcará o ritmo do día 9, a partir das 22.00 horas, no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán.
Non se require a inscrición previa.