Saturday 16 de November de 2024

56 persoas participaron na derradeira etapa do Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia organizada polo Club de Xubilados de Lousame


A expedición lousamiá entrou na Praza do Obradoiro baixo os acordes das gaitas do grupo O Son do Pote

Un total de 56 persoas participaron este domingo na terceira e derradeira etapa da peregrinación a Compostela, seguindo o trazado do Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame para conmemorar o Ano Xacobeo. Despois de tres aprazamentos motivados polas malas condicións meteorolóxicas, finalmente o tempo acompañou e a expedición partiu de Bertamiráns sin incidencias.

Como nas etapas anteriores, a expedición foi guiada polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero, quen contou coa colaboración do presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; o concelleiro de Turismo e Relacións Veciñais, José Antonio Ces Barreiro; do técnico municipal de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, canda as dúas voluntarias europeas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas; e da licenciada en historia e técnica municipal de Lousame, Mayte Sobradelo. A maiores, nesta quenda sumáronse o concelleiro de Obras, Ramón Martínez, e a concelleira de Sanidade e Protección Civil, Yésica Fernández Míguez.

O grupo O Son do Pote foi o encargado de amenizar musicalmente tanto a entrada en Santiago como a estancia no Obradoiro, onde as persoas participantes despregaron unha pancarta coa lenda: “Xubilados de Lousame”.