· Atletismo, salvamento, remo, taekwondo, patinaxe ou hípica son algunhas das disciplinas que practican as persoas beneficiarias.
· Esta subvención serve para sufragar gastos como desprazamentos, aloxamento, mantemento do portal web ou adquisición de material.
O Concello de Bergondo ha resolvido a concesión da súa liña de axudas a deportistas bergondeses con carácter individual, a través da que concede, en total, 12.000 euros a 26 persoas co obxectivo é financiar o desenvolvemento da súa actividade.
Os beneficiarios, que practican disciplinas como atletismo, salvamento, remo, taekwondo, patinaxe ou hípica, poderán sufragar gastos como os desprazamentos ás competicións, os aloxamentos, mantemento do seu portal web, ou adquisición de material e roupa deportiva, entre outros.
O obxectivo que persegue o Concello con esta iniciativa é o de fomentar e incentivar á práctica deportiva, á vez que apoiar o esforzo e dedicación dos deportistas bergondeses.