Friday 22 de November de 2024

Aberta a inscrición para o campamento urbano de Nadal ‘Concilia Cariño’


· Esta actividade levará a cabo entre o 26 de decembro e o 5 de xaneiro en horario de 10 a 14 horas.

O Concello de Cariño abrirá desde mañá, mércores 16 de novembro, e ata o 29 de novembro, o prazo para anotarse no seu campamento urbano de conciliación para a época de vacacións do Nadal, ‘Concilia Cariño’, dirixido a nenos de 3 a 12 anos, do que hoxe se publican as bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Esta actividade levará a cabo entre os días 26 de decembro de 2022 e 5 de xaneiro de 2023 no CEIP Manuel Fraga Iribarne en horario de 10 a 14 horas, de luns a venres. Ofertarase un servizo de acollida entre as 9:30 e as 10 horas da mañá e de recollida de 14 a 14:30 horas.

As prazas son limitadas, con 36 participantes. Para anotarse os interesados poden facelo a través da sede electrónica ou presencialmente na casa do Concello en horario de atención ao público. O custo por asistente é de 25 euros, cunha redución de 6 euros para o segundo irmán e 10 euros para o terceiro e os seguintes irmáns anotados.