A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, José Oreona, recibiron no Concello a Jessica García e David López, membros do club de baile deportivo naronés UPA Un Paso Adelante, que acadaron recentemente o subcampionato mundial de bailes latinos na categoría senior na WDSF World Championship que tivo lugar na cidade holandesa de Rotterdam.
Na recepción coa alcaldesa e o edil de Deportes, os deportistas naroneses recordaron como a súa afición polo baile comezou desde a infancia, unha afición que, co paso do tempo e desenvolvendo un intenso e meritorio labor de traballo e disciplina, firmes bases do seu entrenamento, os leva a acadar importantes éxitos no baile deportivo en diversas competicións de recoñecido prestixio.
Campións de España e primeiros postos en competicións nacionais e internacionais como no Cambrils Dance Sport, Lyon French Open, Bremen Dance Sport, German Open Championship, e asimesmo medalla de prata no Wuppertal Dance Comp, ocupan o número un na clasifición mundial na súa categoría. Neste ano tamén obtiveron o recoñecemento a nivel autonómico como deportistas galegos de alto nivel.
Ferreiro transmitiulles a Jessica e David as súas felicitacións en nome do concello pola extraordinaria traxectoria que levan acadando no baile deportivo e manifestoulles o orgullo de que como naroneses, leven o nome de Narón en todas as competicións nas que participan, desexandolles moitos éxitos máis nas súas carreiras deportivas que constituen un extraordinario exemplo para moitas persoas.